Vistas de página en total

domingo, 20 de abril de 2008

Pesqueiras, xoia románica esquecida


.....................................................ROI FERNÁNDEZ
Técnicos de Patrimonio visitarán a semana próxima a igrexa chantadina para avaliar o seu estadoO escritor Xosé Lois García propón convertela nun centro cultural
Francisco Albo
Localidad:
chantada
?espois do serio accidente que padeceu a pasada fin de semana, a situación da igrexa románica de Santa María de Pesqueiras parece empezar a mellorar. A árbore que caeu sobre o tellado do templo xa foi retirada por iniciativa do Concello de Chantada. Por outro lado, a Dirección Xeral de Patrimonio, en resposta a una petición que lle dirixiron os veciños da parroquia, anunciou que o próximo luns enviará a uns técnicos para avaliar os danos producidos na cuberta do edificio e estudiar solucións para reparalos.
O escritor e historiador chantadino Xosé Lois García, que prepara un estudio sobre o patrimonio románico da comarca, considera que este incidente é un síntoma máis da desatención que padece a igrexa desde hai moito tempo. Na súa opinión, as autoridades responsables do patrimonio histórico deberían preocuparse non só por mellorar o estado de conservación do edificio, senón tamén por manter o seu entorno nunhas condicións adecuadas, para evitar sucesos como a recente caída da árbore. «Hai que recordar que a igrexa ten a categoría de monumento nacional e por tanto, creo que non é ó Concello a quen lle corresponde garantir a súa seguridade», afirma. «E habería que facer as cousas con xeito, porque tampouco é cuestión de talar sen máis todos eses castiñeiros centenarios que a rodean, porque forman parte da paisaxe tradicional da zona e tamén merecen ser conservados», agrega.
García apunta ademais que a igrexa debería ser aproveitada para actividades culturais e turísticas. «O templo ten un tamaño considerable e a sonoridade do seu interior é excelente, polo que sería moi apropiado para organizar concertos en primavera e verán», di a este respecto. O escritor recorda así mesmo que «entre a aldea de Outeiro e a igrexa existe un camiño medieval moi axeitado para facer percorridos a pé, pero que hoxe está practicamente esquecido». Ó seu parecer, sería aconsellable acondicionar e sinalizar esta rota. «O camiño, ademais de levar a un monumento tan importante como é esta igrexa, discorre por unha magnífica zona de bosque con vistas sobre o Miño», sinala.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

TIENEN TODA LA RAZÓN. DESGRACIADAMENTE SE ANTEPONEN LOS INTERESES POLÍTICO-ELECTORALES A LOS VERDADEROS VALORES, Y POR ESO TENEMOS MONUMENTOS Y OTRAS MUCHAS MANIFESTACIONES DEL ARTE EN EL ABANDONO, COMO PRESA POLÍTICA O COMO UN DISNEYLANDIA.

Unknown dijo...

Por desgracia, tienes la razón.
La política se antepone a nuestra cultura.
Todos tenemos que aportar nuestro grano de arena para que la situación mejore.
Saúdos